Se hai uns días se difundiu en varios medios contrainformativos a regresión a segundo grao de Rodrigo Lanza, debido a unha falta sen importancia dentro do réxime aberto do que gozaba dende hai apenas un par de meses, así como a súa decisión de rexeitar a xunta de tratamento para cumprir dignamente os sete meses que lle restaban de condena; agora parece ser que a Xunta Superior resolveu devolvelo a terceiro grao e, mentres tanto, outorgarlle permisos diarios para que poida ir a traballar.
Ao parecer, e segundo informan en Arainfo (aquí), a decisión de devolvelo a un módulo pechado por non comunicar a saída do recinto do seu traballo (cousa que nin el sabía que tiña que facer, nin adoita levar aparellado un castigo de semellante envergadura) tomárona de forma arbitraria a súa asistenta social e o criminólogo do equipo que seguen o seu caso.
Afortunadamente Rodri volve poder saír do recinto carcerario o mesmo tempo que antes, aínda que agora en forma de permisos, en espera da restitución do seu anteriór condición.
Rodrigo Lanza atópase cumprindo condea polos sucesos do 4F do 2006, cando un madeiro quedou en coma durante un altercado fronte a unha casa okupada de Barcelona. Malia que as probas evidenciaban a inocencia dos tres acusados, e malia as severas torturas ás que foron sometidos (reconocidad mesmo por Amnistía Internacional), alguén tiña que pagar… e tocoulles a eles. E, como podemos ver a estas alturas, aínda o ten no seu punto de mira.
Pero para explicar convenientemente o asunto, aquí deixamos un enlace á carta da súa nai na que explica a regresión de grao, no blog “absolucióndetenidosdel4F”,(Aquí)
Aquí deixamos o enlace á noticia do seu paso a terceiro grao de hai un par de meses neste mesmo blog (aquí)
C.R.