Queren tirar o “Barrio do Cura” !!! (Vigo) .- Convocatoria aberta de reunión pola sua defensa.

Recebemos no correio esta convocatoria da “Asamblea Okupa do Barrio do Cura” xunto a dois textos que publicaron e que dan conta da campaña contra a destrución do barrio, e aos que podedes aceder clicando en “leer más…”.

A reunión terá lugar na vindeira terça feira, martes 29 de maio ás 20h no C.S. “A Revolta” na rúa Real , rés-do-chão, Zona Velha de Vigo con a seguinte Orden do día:
– explicación da situación do barrio
– entrega de cartaces e panfletos sobre a defensa do Barrio do Cura…
– proposta de accións

Colamos os dois textos, tal cual chegaron:

CAMPANHA CONTRA A DESTRUCCIÓN DO BARRIO DO CURA

O barrio do cura è un simbolo da especulaçom urbanística que esta destruindo os nosos barrios e contribuindo á precarizaçom das nosas vidas.

Nesta parte do Casco Vello, excluida por decreto municipal do mesmo para facilitar o seu proceso de transformación, plasmase do xeito máis evidente a apropiacion capitalista da cidade.

Promotores inmobiliarios como “Karpin y asociados”, e sector financieiro (BBVA participa cubrindo o 60% e Banco Santander o 40%) fanse coa cidade non xa os poucos, senón por barrios enteiros, borrandoos do mapa da cidade, e con eles, a nosa historia.

Espazos anteriormente habitados, tanto no sentido físico como social, son suplantados por superficies comerciais e vivendas de luxo.

Todo un insulto, especialmente nun momento no que mileiros de famílias son botadas das súas pouco luxosas vivendas diretamnete á rúa,por esas mesmas entidades financeiras.

Un negocio no que os gobernos locais xogan un papel clave, favorecendo a degradación dos cascos antigos das cidades, que, deste xeito, se converten nunha inversión aínda máis rendible, e, por riba, baleiras de habitantes. Unha situación que leva ademais a que a poboación vexa con bos ollos operacións especulativas que serían de otro xeito rexeitadas.

No caso do Barrio do Cura, o Concello de Vigo vai ainda mas lonxe, erixindose en garante de esta operción, emitindo informes destinados a tranquilizar ás entidades inversoras, para que vexan asegurado o seu negocio. Unha vez máis, o aparello público ao servizo do beneficio privado.

Pero nos negamonos a que a cidade siga a ser un espazo a saquear. E apostamos por recuperar o seu valor de uso:

Porque casas e edificios volvan desenvolver a súa función como vivendas e locais sociais, e non como inversions do ladrillo.

Que rúas e prazas sexan espazos de encontro e socialización, e non simples vias de circulación e negocio.

Que terra recupere o seu valor produtivo, e non o de reserva de solo a edificar.

Pero apostamos sobre todo, por recuperar as nosas vidas, a nosa capacidade de decidir e o noso dereito a actuar sobre aquilo que nos afecta a nos, ás demais, é ao espazo que habitamos
…………………………………………………………..

DEFENDAMOS A NOSA DIGNIDADE!!! NON Á DESTRUCCIÓN DO BARRIO DO CURA!!!

Nos últimos días estamos vivindo o acoso das forzas policiais aos habitantes do asilo do Barrio do Cura para que marchen sen armar escándalo e facilitar que os bancos e os especuladores fagan o seu negocio. Unha vez máis, o público ao servizo do privado.

Chegou a hora, pretenden desaloxar o Barrio do Cura enteiro en menos dun mes. E pretenden comenzar a derrubalo no verán!!!!

Queren derrubar o noso barrio, queren derrubar a nosa historia, queren tirar o pouco vello que queda na cidade e, por riba, ríndose de nós.

Quen quere destruilo:

– O Concello de Vigo: favorecendo a degradación dos cascos antigos das cidades, poñendo o aparello público ao servizo do beneficio privado e excluindo, por decreto municipal, o Barrio do Cura como parte do casco vello, emitindo informes destinados a tranquilizar ás entidades inversoras e abrindo os petos, claro.

– Os banqueiros: o BBVA participa cubrindo o 60% e o Banco Santander o 40%. Os mesmos que crean a crise, os mesmos aos que pagamos para rescatalos, os mesmos que botan á xente das súas casas, os mesmos que invirten na industria armamentística,…

– Os especuladores: neste caso “Karpin y asociados”, eses que se quedan con toda a cidade para facer negocio sen ter en conta os intereses da cidadanía.

HAI MOITOS MOTIVOS PARA OPOÑERSE:

Porque precisamos recuperar o pouco que queda en Vigo con valor histórico e arquitectónico.

Porque casas e edificios volvan desenvolver a súa función como vivendas e locais sociais, e non como inversións do ladrillo.

Porque fan falla espazos abertos e verdes e sobran os espazos de formigón.

Porque xa hai máis de 20.000 vivendas baleiras só na cidade de Vigo.

Porque sobran centros comerciais.

Porque agora, máis que nunca, temos que dicirlles que no van a continuar ríndose de nós.

QUE QUEREMOS

A rehabilitación do antigo asilo e desenvolver a súa función social.

A rehabilitación do espazo verde e que a terra recupere o seu valor produtivo ou social.

A axuda as máis de 60 persoas que viven no asilo para que teñan una vida digna.

A rehabilitación das vivendas do barrio e axuda aos seus actuais habitantes.

A asemblea pola defensa do Barrio do Cura leva 5 meses de okupación e rehabilitación de algúns espazos do asilo e das terras adxacentes, dúas xornadas en defensa do barrio e o acondicionamento dunha parte da terra do barrio e cultivo da mesma.

Agora o barrio precisa de todos.

QUE PODES FACER

Involucrarte na campanha contra a destrucción do Barrio do Cura.

Dar a coñecer a situación do barrio a toda a xente do noso redor.

Axudar na horta colectiva do barrio.

Facer obxección fiscal destinándoa á Asemblea pola Defensa do Barrio do Cura.

E, sobretodo, organízate como queiras e loita contra as mafias gubernamentais e financieiras facendo as accións que decidades.

QUEREN ACABAR CON TODO!!!! NON TEMOS NADA QUE PERDER!!!!

 

 

http://abordaxerevista.blogspot.com/2012/05/queren-tirar-o-barrio-do-cura.html

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *