IX XORNADAS ANARQUISTAS DE COMPOSTELA

As charlas serán apartir das 20:30h

Programa das xornadas

MARTES 22 DE MAIO; Presentación do libro “Drogas ¿unha opción persoal?”
Libro recentemente publicado por Distrimaligna. Contaremos cun companheiro desta distribuidora anarquista para presentar o libro e debatir sobre un tema de índole social como é o das drogas

VENRES 25 DE MAIO; Charla: 3 de Marzo de 1976, masacre en Vitoria
Dende Vitoria virán dous testigos das loitas obreiras asemblearias do momento, brutalmente reprimidas pola policia. Auténtica masacre onde resultaron 4 persoas mortas e máis de 50 feridas de bala.

XOVES 31 DE MAIO; Charla: Realidade carcelaria nas últimas décadas
A cargo de Javi de Ávila, actualmente en terceiro grao penitenciario, que participou en todas as loitas dxs presxs pola sua dignidade, dende a COPEL.

VENRES 1 DE XUNHO; Debate: anarquismo e liberación nacional
Cunha introducción previa dende un punto de vista histórico e actual no mundo e en particular na Galiza.

VENRES 8 DE XUNHO; Charla sobre a escola livre Ruka Inche (Chile) e video “De la cuna a la cárcel… por ser pobre”
Un compañeiro de Chile que traballa actualmente na escola Ruka Inche nos contará como naceu o proxecto e a sua situación actual.

SÁBADO 9 DE XUNHO; Charla coloquio con A. M. Bonanno
Anarquista italiano que adicou toda unha vida á difusión dun proxecto revolucionario insurreccional. Redactor de varios publicacións libertarias, polas que tivo constantes condeas por “propaganda subversiva”, e autor de numerosos libros, entre outros Gioia Armata, prohibido en Italia e polo cual pagou 9 meses en prisión.

DOMINGO 10 DE XUNHO; Roteiro histórico polos CC. SS. okupados da cidade de Compostela. Saída dende a Sala Iago (rúa do vilar) ás 12h

 

Biblioteca anarquista “A Ghavilla” Compostela

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *